Friday 03 de May de 2024

As Somozas inicia a programación das festas co Festival de Nadal o 22 de decembro


• A actividade comeza ás 17 horas no Complexo Multiusos

• Haberá inchábeis, chocolatada, música e unha visita moi especial de Papá Noel

O Concello das Somozas organiza o vindeiro venres, 22 de decembro, o Festival de Nadal, para darlle a benvida ás festas deste ano.

A actividade comeza ás 17 horas no Complexo Multiusos da localidade, e haberá inchábeis, chocolatada para todas as persoas asistentes e música a cargo de Peque Disco Moc Moc.

Ademais, os nenos e nenas recibirán unha visita moi especial a cargo de Papá Noel, que escoitará todas as súas peticións de agasallos antes de facer a súa viaxe polas casas en Noiteboa.

Desde o Goberno local animan a todos os veciños e veciñas a achegarse ata o Complexo Multiusos a gozar dunha tarde marabillosa chea de maxia para darlle a benvida ao Nadal.